Viernes 19 de Abril de 2024
El portal de la papa en Argentina
-5.17%Variación precio
puestos MCBA
  • Intervalos nubososBalcarceBuenos Aires, Argentina
    12° - 23°
  • Cielos despejadosVilla DoloresCórdoba, Argentina
    15° - 28°
  • Intervalos nubososRosarioSanta Fe, Argentina
    16° - 25°
  • Cielos despejadosEstacion UspallataMendoza, Argentina
    - 25°
  • Cielos despejadosCandelariaSan Luis, Argentina
    14° - 28°
  • Intervalos nubososChoele ChoelRío Negro, Argentina
    13° - 22°
  • Cielos despejadosSan Miguel de Tuc.Tucumán, Argentina
    13° - 26°
Ampliar
 Buscador de Noticias
Europa 29/04/2017

España: As xeadas provocan estragos en Xinzo

A xeada que caeu esta pasada noite en comarcas do interior de Galicia provocou importantes danos nos viñedos, truncando unha campaña vitícola que se iniciou moi ben.

Os brotes das vides foron queimados por este baixón de temperaturas de ata menos seis graos, o que provocará un importante descenso da colleita tanto este ano como no próximo. A práctica ausencia de seguros agrarios fronte á xeada agrava a situación.

Importantes danos na pataca de temperán

Outro cultivo que resultou moi danado foi a pataca de temperán. José Casais, un agricultor que sementa unhas 8 hectáreas no val de Monterrei asegura que "quedaron totalmente queimadas pola xeada, e o mesmo sucedeu nas patacas que estaban xa germinadas na Limia".

De momento a Xunta de Galicia non fixo unha valoración dos danos e se se vai a establecer algunha liña de axudas como a que se estableceu o pasado ano para os viticultores da Ribeira Sacra afectados pola saraiba no mes de agosto.

Os agricultores limiáns están preocupados por cal pode ser a dimensión na que se vexa afectada a colleita no próximo ano.

Fuente: http://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/xeadas-provocan-estragos-xinzo/20170428171531009407.html


Te puede interesar